Anova Vigo apoia a folga do 14 de Novembro

Unha reforma laboral que fai desfeitas entre os que aínda conservan o seu traballo. Un paro desbocado e medrando. As pensións amenazadas e entregadas á troika. Unha sanidade en venta ás corporacións privadas. Os servizos sociais desmantelados. A educación privatizada e a universidade convertida nun luxo que soamente se poderán permitir as elites acaudaladas. A caverna fascista querendo impor o canon católico nas relacións afectivas entre as persoas e queréndolle impedir o matrimonio. O dereito ao aborto no punto de mira dun goberno entregado á cúpula eclesial. Record absoluto de desafiuzamentos. Suba do IVE. Ascenso vertixinoso no número de ERE.

Sobran os motivos para ir a esta folga xeral. Hai que paralos! Anova – Irmandade Nacionalista de Vigo convida a súa militancia e persoas simpatizantes a unirse á folga e a manifestarse en calqueira dos actos de Vigo.

Advertisements
Anova Vigo apoia a folga do 14 de Novembro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s