Concentracións do 22M diante das sedes do INEM

Imaxe

A asemblea nacional do 22M celebrada en Teo o pasado 26 de abril acordou entre outras decisións, convocar concentracións ante as oficinas do INEM en varias cidades da Galiza.

En Vigo esta concentración realizarase diante da oficina da Rúa Cánovas del Castillo 18 ás 12:00 da mañá.

Anova-Vigo como organización adherida o movemento 22M apoia esta xornada de loita convocada ante un nivel de desemprego e precariedade laboral que a dia de hoxe resulta insoportable para toda a clase traballadora.

Estas condicións de vida sufridas polo pobo, non son unha consecuencia da crise, senón que son consecuencia directa de decisións políticas tomadas por un goberno que toma as súas decisións de costas a xente do común e en beneficio dunha minoría privilexiada.

Anova-Vigo fai súas as reivindicacións da cidadanía organizada no movemento 22M que son dereitos irrenunciables para todas e todos.

Pan, traballo e teito.

Grupo de Movementos Sociais e Participación cidadá de Anova-Vigo

Advertisements
Concentracións do 22M diante das sedes do INEM