Anova-Vigo denuncia o desleixo do Concello ante as necesidades do pobo

O pasado dia 25 a ODS de Coia convocou unha asemblea aberta co motivo do colapso das axudas de emerxencia municipais. A dita asemblea estaban convidados o noso estimado alcalde e a non menos estimada concelleira de benestar social que nin se presentaron, nin se molestaron en dar resposta algunha.

O motivo do convite, era ofrecerlles a posibilidade de escoitar a situación pola que pasan na nosa cidade mais de dúas mil  unidades familiares que teñen paralizada a resolución  dunha axuda a que teñen dereito, axudas dotadas duns orzamentos claramente insuficientes, mais cando vemos que os cartos das e dos cidadáns  son adicados a fins urxentísimos como empedrar rúas ou escaleiras mecánicas.

Preto dun cento de persoas escoitabamos como moita xente sen ningún tipo de ingreso, en situación de desemprego ou emprego precario, busca nestas axudas os cartos necesarios para pagar a vivenda, a factura da luz, a bombona de butano, os alimentos dos cativos da casa e como a resposta que atopaban era o silencio dos responsables políticos.

Ante esta vergonzosa situación, a asemblea cidadá alí reunida, decidiu convocar unha concentración diante do concello o dia  2 de maio ás 10:00.

1959246_645215342201016_5458201540876809512_n

https://www.facebook.com/events/1477245532493089/

 

Grupo de movementos sociais e participación cidadá Anova-Vigo.

Advertisements
Anova-Vigo denuncia o desleixo do Concello ante as necesidades do pobo