¡¡¡¡ BORBÓNS NUNCA MAIS !!!!

UN “ PRESTIGE “ NAS ENTRAÑAS DO POBO

¡¡¡¡ BORBÓNS NUNCA MAIS ¡¡¡¡¡

O vindeiro 19 de xuño nomearán a Felipe de Borbón xefe do estado a título de Rei. O seu único merito será o de ser fillo do seu pai, tal como o do seu pai fora o de ter sido nomeado polo ditador.
Para os grupos e as clases dominantes o pasado non é algo doado de dixerir e por iso sempre tratan de facelo desaparecer o máis axiña posible, mesmo semella imprescindible para eles non nomealo porque o que non se nomea deixa de existir. Pero nós non queremos que iso ocorra e loitamos porque o escrutinio da historia acabe por poñer a cada quen no seu lugar. Porque, de onde provén a lexitimidade que queren darlle a Felipe Borbón? . Xa o dixemos. Provén dun golpe de estado e dunha guerra xenocida. De onde a súa presunta preparación? De que e quen o examinou?. Falar da súa preparación é un insulto á intelixencia do pobo, unha ofensa aos milleiros de estudantes que se examinan da selectividade, que preparan doctorados, que opositan á administración do estado ou ao MIR. Un insulto aos traballadores e traballadoras que todos os días se examinan nos seus lugares de traballo e nas empresas para poder subsistir, unha ofensa aos labregos ou aos mineiros que se enfrontan ao tribunal da terra, aos mariñeiros, aos xubilados, aos pensionistas, aos traballadores do metal, as mariscadoras ou redeiras que se preparan a cachon día tras día para poder seguir aprobando o exame da vida e da supervivencia nun mundo de explotación e abusos sen fin.

Abofé que Felipe Borbón aprobará o exame do tribunal dos especuladores e dos banqueiros delincuentes, da troica e do FMI, da OTAN e da Unión Europea, de Walt Street e das empresas do IBEX, das monarquías absolutas petroleiras do Golfo Persico e do Pentagono. Será, con seguridade, saudado por eles e os seus complices aquí….. Pero , como os seus antepasados e o seu pai, será suspendido polo tribunal do pobo . Porque non esquezamos, cada vez que o pobo puido escoller sempre elexiu REPÚBLICA. Primeiro en 1873 , logo de que anos antes a raiña Sabela II fuxira a fume de carozo dun lugar onde ninguén a quería. E logo en 1931, cando Alfonso XIII, complice convicto e confeso de ter colaborado coa ditadura de Primo de Rivera e o seu aparato de poder economico e político, marchou cara ao exilio logo dunhas eleccións municipais. Tamén nós imos ter unha eleccións municipais dentro de menos dun ano…………non o esquezamos
.
O día 19 de xuño, data prevista para a proclamación como rei deste novo Borbón, vai chegar un novo Prestige ás ruas de Vigo e as rúas de Galicia toda. Un novo Prestige que enchera de chapapote as entrañas do pobo para poñer lixo e freno aos seus ancellos de participación democratica e ao seu dereito a poder decidir sobre a “res publica”.

Pero tal como fixemos hai dez anos, seremos nós , os galegos e galegas, os que tomaremos as rúas de Vigo para arrincar este novo e noxento chapapote e para limpar o fume apodrecido destea nova restauración monárquica que pretenden impoñernos o bloque dominante do poder e os partidos dinasticos para que nada cambie e para que todo sega igual

E temos que impedilo, temos que dicir non a este engano, temos que sair as rúas republicanizando as loitas e os conflitos sociais e enchendo o corpo da nosa cidade de motivos antimonarquicos, para decirlles, nun berro alto e claro, que a democracia é o exercicio da soberanía popular e que a soberanía non se negocia as nosas costas.

Por todo isto A Asamblea Repúblicana de Vigo convoca a todos os vigueses e viguesas e tamén á viciñanza da bisbarra para que se manifesten polas ruas da cidade para berrar

¡¡¡FORA OS BORBONS¡¡¡
¡¡¡NON A MONARQUÍA¡¡¡
¡¡¡POLA REPÚBLICA¡¡¡

MANIFESTACION , MARTES 17 XUÑO , AS 20 HORAS DENDE A VÍA NORTE

!!!! BORBONS NUNCA MAIS !!!!!
republica a4

Advertisements
¡¡¡¡ BORBÓNS NUNCA MAIS !!!!