Pórtico non se pecha “Solucións”

Alternativa Galega de Esquerda esixe á Xunta que tome a iniciativa para garantir á viabilidade de Pórtico e os postos de traballo

  • O grupo parlamentar considera inexplicable que Fogasa esixa tres millóns de euros de garantía dos que a empresa non dispón condenando ao peche que suporía sumar 200 desempregados máis as listas do paro no noso país

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014.-  Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe á Xunta de Galicia que tome a iniciativa para garantir a viabilidade de Pórtico e mantemento do emprego na provincia galega máis castigada polo desemprego. A situación actual de Pórtico é un exemplo das políticas de emprego do PP. A empresa presentou concurso de acredores en xuño de 2013 despois de varios anos presentando perdas nos seus balances. Dende ese intre, conseguiu chegar a un acordo con todos os seus acredores, incluídos bancos e traballadores, con quen ten a maior parte da súa débeda. Os bancos aceptaron unha quita e os traballadores unha rebaixa do 7,5 por cento nos seus salarios e un ERE extintivo para 200 traballadores/as, a metade do cadro de persoal. Conforme ao Plan de Viabilidade aportou 1,3 millóns de euros como creto capitalizable, conseguiu compromisos de inversión e segue a buscar novos inversores.

Ante a imposibilidade de facer fronte ás indemnizacións correspondentes ao ERE extintivo, Pórtico acorda con Fogasa o financiamento das mesmas, segundo o Plan de Viabilidade e unha proposta de Convenio. A empresa presenta como garantía os seus bens inmobles, non tendo máis garantías que aportar. O valor dos bens inmobles é de 2.163.881 euros. O total das indemnizacións supón 2.486.000 euros, polo que corresponde a Fogasa anticipar a conta da empresa 1.940.443 euros que están garantidos polo valor dos bens inmobles entregados como garantía.Pero Fogasa resolve que Pórtico debe presentar garantías suficientes, non só para cubrir as indemnizacións do ERE, senón tamén a débeda salarial pre concursal, é dicir, unha cantidade igual a 1 mes de salarios máis finiquitos de toda o cadro de persoal que permanece en activo e que ascende a outro 1.391.547 euros. Segundo isto, Fogasa exixe a Pórtico que se quere manter a actividade da empresa e os postos de traballo debe presentar garantías por valor de 3.332.017 euros.

Para Alternativa Galega de Esquerda, toda esta situación carece de sentido xa que non se pode entender como nunha situación como á actual se pode pedir a unha empresa en crise 3 millóns de euros como garantía ou condenar ao peche definitivo existindo un Plan de Viabilidade.

Pórtico entregou onte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) en Vigo unha taxación da marca que supera os 1,5 millóns  co que Fogasa debería darse por satisfeita ta e como sinalan as deputadas Consuelo Martínez e Eva Solla quen se reuniron onte co comité de empresa para coñecer de primeira man a situación a que se enfrontan.

A Xunta leva meses de propaganda anunciando o seu Plan de Emprego, vendendo as marabillas da Lei de Emprendemento, o apoio á creación de empresas pero a realidade e que “mentres venden fume permiten que empresas galegas que crearon unha marca arraigada no pais pechen” tal e como denuncia Consuelo Martínez.

O máis incrible para o grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda como o goberno galego non te reparo algún en sumar 200 desempregados máis as xa de por si extensas listas do paro en Galicia xa que Pórtico non dispón desta garantía que lle impoñen para cubrir a totalidade dos 3,3 millóns de euros terá que pechar e será o Fogasa, sen garantía algunha, a que teña que asumir as indemnizacións da totalidade do cadro de persoal cun custo aproximado de 2,5 millóns de euros.portico

Advertisements
Pórtico non se pecha “Solucións”