“Serafín, Carlos, Ana e Tamara” Catro historias da InXustiza

A Esquerda Unitaria­ Europea/ Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) condena a persecución dos e das sindicalistas no Estado español esixindo a súa liberdade e o remate de tódalas causas abertas
 
Lidia senra chamou a atención sobre a situación que sofren Serafín, Carlos, Ana e Tamara
 
Bruxelas, 12 de xuño de 2014
 
A proposta da delegación da Esquerda Plural, o grupo parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica amosou hoxe a súa preocupación pola persecución que está a sufrir o sindicalismo no Estado español e condenou especialmente o encarceramento no día de hoxe da sindicalista Carmen e do sindicalista Carlos, pola súa participación na última folga xeral.
 
Ante estas realidades o Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica súmase ás mostras masivas de solidariedade que esixen a liberdade de Carmen e Carlos e esixe a fin de todas as causas abertas no Estado español contra as clases traballadoras.
 
Pola súa parte a deputada de AGEe, Lidia Senra, amosou en Bruxelas a súa preocupación pola criminalización e represión das loitas na Galiza e que, nestes intres no noso país supoñen que Serafín, Carlos, Ana e Tamara estean condenadas a penas de cadea e pendentes de indulto polo único feito de defender condicións de traballo dignas. A eurodeputada galega quixo así solidarizarse coas persoas sometidas a esta inxustiza, amais de coas súas familias e quen loitan acotío pola defensa dos dereitos das clases populares.
Advertisements
“Serafín, Carlos, Ana e Tamara” Catro historias da InXustiza