Anova-IN repudia a represión e a criminalización da protesta

Anova Ourense

ana_tamara

Desde Anova – Irmandade Nacionalista queremos transmitir a Carlos, Serafín, Tamara e Ana, e aos seus familiares e achegados, o noso máis firme apoio, solidariedade e afecto neste momento de consternación e estupor produto da estratecia de represión contra a cidadanía do aparato do Estado.

 Semella un costume no Estado español indultar a banqueiros estafadores, empresarios corruptos ou políticos inhabilitados mentres se condena a anos de prisión a homes e mulleres que loitan polos dereitos da cidadanía, polos dereitos da clase obreira. Para estes o ministro Gallardón só coñece a lei da represión.

O pasado 30 de abril, a sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra ditaba unha cruel, inxusta e incomprensíbel sentenza que desde entón fai sobrevoar a sombra da cadea para Ana Outerelo e Tamara Vidal, esta última embarazada de tres meses. O seu único crime foi  secundar unha folga das traballadoras e traballadores de instalacións deportivas en…

View original post 342 palabras máis

Advertisements
Anova-IN repudia a represión e a criminalización da protesta