Xustiza?? Non para todos

AGE denuncia que a petición de penas para os ex directivos das caixas amosa “unha xustiza para ricos e outra para pobres”

  • A viceportavoz Yolanda Díaz agarda que o ministerio público recualifique a solicitude á alza

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través da súa viceportavoz Yolanda Díaz, denuncia que a petición de penas para os ex directivos da antigas caixas de aforros galegas demostra que “existe unha xustiza para ricos e outra para pobres”. Logo de que esta mañá transcendese publicamente que a Fiscalía Anticorrupción solicita apenas tres anos de prisión para o ex copresidente de Novacaixagalicia Julio Fernández Gayoso e para outros xefes da entidade -José Luis Pego, Javier García de Paredes, Gregorio Gorriarán, Óscar Rodríguez Estrada e Ricardo Pradas-, Díaz agarda que o ministerio público reconsidere a solicitude á alza durante a vista oral do proceso.

 

“Queda claro que neste país existe unha xustiza para os ricos, da que se benefician estes señores, e outra para pobres”, afirma Díaz, quen engade: “Non é decente que aqueles que participaron na destrución do sistema financeiro do noso país e no saqueo das arcas públicas só se enfronten a tres anos de cadea e outras persoas, con delitos ben menores, ingresen en prisión”. Para a viceportavoz de Alternativa, a Fiscalía Anticcorrupción debe reconsiderar a súa decisión no intre do xuízo. A estes seis ex directivos de Novacaixagalicia impútanselle delitos de apropiación indebida y estafa.gayoso_596402_0x0_izda

Advertisements
Xustiza?? Non para todos