A débeda real de Galiza é moi superior a 10.000 millóns

O demoledor informe do Tribunal de Cuentas amosa unha Galiza cada vez máis endebedada

· O informe describe os artificios contables do goberno de Núñez Feijóo para ocultar esta realidade, xa denunciada por Alternativa Galega de Esquerda

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014.- Unha vez as manobras e enganos do goberno de Alberto Núñez Feijóo quedan en evidencia sendo nesta ocasión o propio Tribunal de Cuentas o que destapa os artificios contables que está a empregar a Xunta de Galicia para ocultar o imparable incremento da débeda da administración autonómica. Recentemente o Banco de España publicaba os datos onde por primeira vez Galiza supera os 10.000 millóns de euros de débeda, chegando no primeiro trimestre en 10.028 millóns de euros, 503 millóns máis que fai un ano e 5.186 máis dende que goberna Núñez Feijoo o que se traduce nunha carga de case 2.000 euros por galego. Os últimos datos coñecidos, os do Tribunal de Cuentas, desmontan ademais os artificios contables que emprega o ‘presidente trilero’ co único obxectivo de atenuar os datos do déficit ano tras ano.
image019

image013

image015

Os informes sobre os exercicios 2010 e 2011 reflexa que a débeda real é maior que eses 10.028 millóns xa que os gastos comprometidos a exercicios futuros, sobre todo os que teñen que ver coa construción e compromisos coas concesionarias das autovías.

Habería que sumar o financiamento vía colaboración público-privada, coma a do Hospital de Vigo, que aínda incrementa máis a débeda real de Galiza.

Outra das cuestións que se denuncia no informe ten relación o emprego de artimañas para maquillar o déficit xa que se desprazan gastos sen xustificación dun exercicio a outro, se contabilizan subvencións como ingresos, ou contabilízanse como ingresos partidas que non deberían.

image015

image013

O informe do Tribunal de Cuentas deixa as claras unha longa relación de malas prácticas e irregularidades na contabilidade que constata que o discurso de solvencia económica de Núñez Feijóo e a súa equipa de goberno non é máis que labia e manipulación. O deputado Antón Sánchez destacou que “a débeda real de Galiza é moi superior incluso a eses 10.028 millóns xa que habería que sumar as sociedades públicas, a colaboración publico-privada ou os compromisos futuros como os pagos de peaxe na sombra ou a supresión das peaxes”. Por todo isto, e ante a falla de vergoña amosada polo goberno galego que continúa a enganar aos galegos e as galegas, preguntará na vindeira sesión de control do pleno do Parlamento que terá lugar a vindeira semana cómo explica o goberno dos recortes, as privatizacións e a corrupción o continuo aumento da débeda pública.

Advertisements
A débeda real de Galiza é moi superior a 10.000 millóns