EU NON QUERO HOTEL NO CASTELO!!!!

O Partido Popular négase a rexeitar a privatización do castelo de Monterrei
· A deputada Chelo Martínez denuncia a apropiación dun ben público “para seguramente privatizalo, segundo as declaración da secretaria xeral de Turismo”

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2014.- O Partido Popular négase a rexeitar en sede parlamentaria a privatización do castelo de Monterrei. Sucedeu esta tarde na comisión de Industria, á que a deputada de Alternativa Galega de Esquerda Chelo Martínez levou a esixencia de “anular calquera proxecto de explotación hoteleira” do castelo e destinalo “ao seu lexítimo uso público, cultural e turístico”. “Vostedes aprópianse dun ben público que seguramente, a partir das declaracións da secretaria xeral de Turismo, sexa privatizado”, expuxo Martínez.

Un decreto de 2009, o 448, certificou a cesión do castelo de Monterrei –propiedade do Estado- á Xunta. Ese texto legal implica que na edificación se debe fomentar “un centro de divulgación, innovación e promoción da moda, o viño e as augas municipais”. “Para nada fala dunha explotación hoteleira, como anunciou Feijóo”, criticou a parlamentaria de Alternativa. Chelo Martínez tamén se fixo eco da plataforma veciñal que demanda o cumprimento do decreto e a reserva para usos públicos, lúdicos, educativos e culturais do recinto amurallado. “Isto é un roubo ao pobo galego, ao seu patrimonio, e algún amigo do Partido Popular se beneficiará coa concesión do hotel”, afirmou Martínez.

Porque o partido que apoia o Goberno extremista de Núñez Feijóo defendeu converter o castelo de Monterrei nunha explotación hoteleira. A deputada encargada de soster esas teses protestou pola insistencia da oposición en protexer o patrimonio galego e os seus usos públicos e, nunha lamentábel manobra retórica, xustificou nos resultados electorais da bisbarra de Verín as políticas privatizadoras do PP. “Estamos, seguramente, diante doutro gran pelotazo do PP”, concluíu Chelo Martínez, “que vende medio país aos seus amigos e a prezo de saldo”.

Advertisements
EU NON QUERO HOTEL NO CASTELO!!!!