TODOS A COMPOSTELA!!!! RODEA O PARLAMENTO

Alternativa Galega de Esquerda chama a secundar este sábado a convocatoria dos movementos sociais para rodear o Parlamento
· As Marchas da Dignidade, que xuntan colectivos, plataformas, sindicatos ou partidos, “demandan solucións a unha situación de fame e pobreza” e piden construír “unidade popular”

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) chama a secundar este sábado a convocatoria das Marchas da Dignidade para rodear o Parlamento de Galicia e demandar “solucións a esta situación de fame e pobreza”. Apoiada por colectivos e movementos sociais, plataformas cidadás, asembleas populares, sindicatos de clase ou partidos políticos, a acción do vindeiro sábado –ás doce da mañá- tamén reclama a necesidade, en palabras dun dos seus portavoces, “unidade popular” para destituír “a aqueles que non representan o pobo”.

Alternativa Galega de Esquerda ponse a disposición dos impulsores de Rodea o Parlamento e fai un chamamento á participación popular na mesma. AGE considera que a soberanía popular e nacional se atopa usurpada e que na Cámara do Hórreo sentan os mandados dos mandados da troika. Contra a brutal ofensiva do capitalismo neoliberal, que segundo Xosé Manuel Beiras conduce a sociedade a perder os dereitos adquiridos a partir da Revolución Francesa, só a mobilización cidadá e das clases populares e traballadoras pode erguer un dique de contención.

Diante desta situación Alternativa insiste no seu chamado a rodear o Parlamento o vindeiro sábado, 21 de xuño, ás doce da mañá en Santiago de Compostela.

Advertisements
TODOS A COMPOSTELA!!!! RODEA O PARLAMENTO