Contra a represión sindical, polas liberdades democráticas

Contra a represión sindical, polas liberdades democráticas.
Anova – Irmandade Nacionalista apoia as mobilizacións convocadas para o vindeiro luns día 30 de xuño polas centrais sindicais galegas para denunciar a inxustiza das condenas a prisión de catro traballadores e traballadoras por exercer o seu dereito á folga.

A medida que se agravan as políticas agresivas de recortes de dereitos e destrución das conquistas sociais, crecen a represión e a criminalización da protesta. A ofensiva penal contra accións reivindicativas totalmente democráticas ten como obxectivo criminalizar a protesta, a loita e a conquista de dereitos e melloras nas condicións de vida. Impedilas, por tanto. E iso é absolutamente inaceptable ademais de profundamente antidemocrático.

Por esas razóns, ANOVA fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas contra a represión sindical e en defensa das liberdades democráticas.

Lugares e horarios das mobilizacións

A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.
Ferrol: manifestación dende a Praza de España ás 20.00 h.
Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.
Ribeira: concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.
Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edif. sindical) ás 20.00 h.
Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h.
Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h.
Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h.
Pontevedra: concentración na Praza da Peregrina ás 20.30 h.
Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h.
Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.

http://www.anova-galiza.org/index.php/comunicados/403-anova-in-repudia-a-represion-e-a-criminalizacion-da-protesta.html

 

Advertisements
Contra a represión sindical, polas liberdades democráticas