Foro pola creba democrática

Esquerda rupturista das nacións e do Estado debate en Compostela a ruta cara á quebra democrática.
Alternativa Galega de Esquerda organiza este xoves, véspera do Día da Patria Galega, un foro con representantes das CUP, EH-Bildu, Izquierda Unida e Procés Constituent
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) organiza en Compostela este xoves, véspera do Día da Patria Galega, o Foro pola Quebra Democrática e o Dereito a Decidir. Na mesa de debate, ás cinco da tarde na Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos), participarán membros das esquerdas rupturistas das nacións e do Estado: por Galiza, Xosé Manuel Beiras, portavoz Nacional de Anova e portavoz de AGE no Parlamento de Galicia; polos Països Catalans, Eudald Calvo (CUP), concelleiro de Arxentona e conselleiro comarcal do Maresme e mais Gerardo Pisarello (Procés Constituent. Guanyem), profesor de Dereito constitucional da Universitat de Barcelona; por Euskal Herria, Ander Rodríguez (Alternatiba/EH-Bildu), deputado foral de Política Social de Gipuzkoa; e polo Estado español Alberto Garzón (IU), deputado no Congreso en Madrid.

Advertisements
Foro pola creba democrática