HIPOCRESÍA MUNICIPAL

Hoxe no pleno municipal de Vigo.
O PSOE insta a Xunta de Galicia a que ubique o Laboratorio Central no Novo Hospital e non no Meixoeiro, o PP oponse alegando que ó traslado o Meixoeiro non agocha a  privatización do laboratorio nin entre outros motivos, desmentido que aumente a taxa de mortandande.
O certo é que o novo hospital xa está privatizado, que non nos enganen, pois está asinado un acordo de “COLABORACIÓN PÚBLICA-PRIVADA” no que a Xunta fará aportacións económicas (CON CARTOS PÚBLICOS) á concesionaria (EMPRESA PRIVADA) por valor de 1500 millóns de euros para unha obra que custa 350 millóns.
Se isto chama a atención, tamén o fai a situación irregular que se está a dar entre concesionaria e a Xunta de Galicia. No contrato asinado entre ambas especificábase que o incumprimento nos prazos de entrega por parte da concesionaria implicaría que esta última perdería os 18,7 millóns de euros depositados como garantía para a execución da obra e a Xunta de Galicia resolvería o contrato, podendo reclamar danos e prexuicios, e rescataría a obra para concluila como obra totalmente pública.

Pero, a saber por que escuros intereses, a Xunta de Galicia decide prorrogar o contrato en contra do ditame do Consello de Contas? Habería que investigar as relacións entre o goberno de Nuñez Feijoo e Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo S. A. (unha unión temporal de empresas formada por Acciona, Pontes e Calzadas, Obras Camiños e Asfaltos, Altair, e Concessia) para averiguar a que ven ese trato de favor.

O máis “rockambolesco” é que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, no seu alarde localista/populista ó que nos ten acostumados erixiuse como “paladín” defensor dun Novo Hospital para Vigo 100% público, ameazando e mesmo negándose a levar as dotacións, electricidade,saneamento,etc
Pero todo iso mudou cando quixo aprobar os orzamentos do ano 2014 e atopouse coa negativa do BNG, ante isto asinouse o pacto/matrimonio entre PSOE e PP no que este último incluiu unha cláusula (entre outras 11) na que obligaba o concello a levar as dotacións e outras infraestructuras o devandito hospital.
O diaño sabe máis por vello que por diaño e o alcalde, nun exercicio de “malabares” consigna unha partida orzamentaria para levar dotacións a Parroquia de Valadares ocultando nesta, as dotacións ó novo hospital. Algo así como “onde dixen digo,digo Diego”, defende o Laboratorio Central pero colabora coa privatización do Novo Hospital de Vigo.

O certo é que necesítase unha rexeneración democrática na institución do Concello de Vigo, un concello sen oposición no que os dous partidos herdeiros do réxime toman as decisións en beneficio dos seus intereses e por riba dos da cidadanía.
Hoxe,máis que nunca,podemos afirmar que “PSOE e PP o mesmo é”.
Hoxe,máis que nunca, é preciso que a cidadanía se autoorganice para expulsar do poder as vellas elites e gobernar dende, por e pola cidadanía.
É a hora de que o Pobo, como a marea, asolague as institucións transformándoas e poñendoas o servicio del mesmo, DO POBO.            

image

image

image

Advertisements
Galería