Depurar sí, pero sen intoxicar

image

Reunión mantida cos veciños de Coruxo afectados polas obras da nova depuradora, escoitando e recollendo as suas demandas.

Entre as queixas dos veciños destacamos o ruido que producen o sistema de ventilación, sobre todo as noites,o carecer este dos silenciadores obligatorios  e a emisión de gases tóxicos que nalgúns momentos están fora dos parámetros legais.Este feito é o máis perigoso pois a emisións son,entre outros,de gas sulfídrico e metano,ámbolos gases letais e o último ademáis altamente inflamable.

Os veciños explican como en varias ocasións algunha familia foi desaloxada e trasladada a un hotel,polas altas concentracións de gases nas vivendas colindantes coa nova depuradora e tamén como varios traballadores teñen ido o hospital por intoxicación de gases.
En varias ocasións avisaron a policia,a Brigada Verde dependente do Concello de Vigo e o SEPRONA,pero cando acudian,non portaban ou carecían de medios para efectuar as medicións de gases.

Constanos,tamén,a filtración de gases letais/inflamables a rede de alcantarillado co risco implícito que leva a acumulación de gases en recintos pechados.
Por estas cuestións solicitaron,en múltiples ocasións,unha reunión co alcalde,que está o tanto do problema pero non os recibe.

A empresa concesionaria das obras,comprometeuse verbalmente a realoxar os veciños das vivendas colindantes mentres duran as obras,algo que o parecer quedou en papel mollado.Esto sumado os continuos escapes de gas,fai que aumente a preocupación da veciñanza o non ter garantida a sua seguridade.

Dende Anova Vigo instamos o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia,a traves da Consellería de Medioambiente, a que abra unha investigación polos continuos escapes de gases nocivos e instale ou ben obrigue a instalar a concesionaria sistemas de medición e alerta de fuga dos mesmos,que garantan a seguridade da veciñanza e dos propios traballadores da obra.
Por outra banda solicitamos o concello que faga as medicións acústicas pertinentes para averiguar si se está a incumplir a lei en materia de ruido.

Advertisements
Depurar sí, pero sen intoxicar