QUE TEÑEN QUE OCULTAR?????

Alternativa Galega de Esquerda denuncia que Feijóo segue a ocultar información transcendental sobre as caixas de aforro.
O grupo parlamentario rexistra novas peticións de documentación e e pregúntase que ten que ocultar un PP que mantén paralizada a comisión de investigación.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014.- Nove meses despois, a cidadanía galega continúa sen noticias da comisión parlamentaria de investigación das caixas. No seu día, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denunciou a fraude coa que o Partido Popular inaugurou o dito organismo e decidiu non participar no mesmo máis que como observadora. Agora constátase. “O tempo deunos a razón”, explicou esta mañá en rolda de prensa a viceportavoz de AGE Yolanda Díaz, acompañada do deputado Antón Sánchez, “esta comisión é falida, naceu sen vontade de investigar que aconteceu realmente na liquidación das caixas”. “O Goberno de Feijóo oculta información transcendental para saber o que pasou”, engadiu Sánchez.

A propia viceportavoz lembrou que no inicio da comisión, o PP nun aceno “inaudito” negou o acceso público “a documentos fundamentais”. AGE desobedeceu esa censaura e facilitou aos medios de comunicación eses papeis. “Tamén se frustraron comparecencias mesmo sen ser legal”, expuxo esta mañá Díaz, “e seguimos sen ter a información que solicitamos”. Por iso o grupo parlamentario vén de rexistrar unha nova petición de información e comparecencias (no documento anexo) para intentar coñecer a realidade de como “dous sátrapas, Gayoso e Méndez, liderados politicamente por Feijóo e co apoio dos partidos do réxime deseñaron o saqueo do sistema financeiro galego”.

“Sabemos que houbo unha grande estafa e un tsunami consentido por todos os gobernos galegos dende o de Manuel Fraga”, asegurou Yolanda Díaz, para quen é central saber “que pasou para que haxa un gran burato negro de 9.000 millóns de euros de todas e todos desbaldidos na fusión das caixas. E, ademais, que haxa responsabilidades penais pola liquidación do sistema financeiro”.

Importantes documentos agochados
Antón Sánchez, pola súa banda, degrañou algúns dos documentos solicitados novamente por Alternativa Galega de Esquerda. “Como se pode investigar a fusión das caixas sen coñecer o acordo do Consello da Xunta que a autorizou?”, dixo, “ou sen os informes técnicos que sustentaban eses acordo? Ou sería que lles pasou como aos contratos de Marcial Dorado? Que teñen que ocultar?”. Para o deputado de AGE, a Xunta do PP quere ofrecer “unha versión en que houbo dous listillos que acabaron coas caixas, Méndez e Gayoso, cando o certo é que a estes dous houbo un poder político que lles permitiu durante 20 anos facer das caixas o seu curral”.

QUE TEÑEN QUE OCULTAR?????